Sunday 28 de April de 2024

Lectura literaria na praza do Concello para celebrar o Día de Rosalía de Castro


 

Riveira celebrou o Día de Rosalía de Castro cunha lectura pública na praza do Concello, amenizada polo pasarrúas do grupo de música tradicional Andavía.

Distintos membros da Corporación Municipal (entre eles, o alcalde Manuel Ruiz) e numerosos veciños animáronse a festexar unha xornada coa que se conmemora o 182 aniversario do nacemento da escritora galega.

Un contacontos, unha representación teatral e unha exposición de libros na biblioteca contribuíu tamén a homenaxear a efeméride.